Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 38795

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 3 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PR949A).

Despois de que se advertise un erro material na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 184, do 10 de setembro de 2020, cómpre facer a seguinte rectificación:

Na páxina 35584, na oitava cela da fila do anexo I Listaxe de entidades beneficiarias a) Clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas, correspondente á entidade Clube Balonmán Cañiza, onde di: «21.098,34 €», debe dicir: «20.000,00 €».