Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 39264

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 91/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 91/2020, seguido por instancia de María Antonia Veiga Rodríguez, María Esther Busto Iglesias, Esperanza Miño Caamaño, María Carmen Veiga Varela contra Compostic Coruña, S.L., sobre reclamación de cantidade recoñecida en sentenza, ditáronse auto despachando execución e decreto previo a insolvencia, con data do 23 de setembro de 2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Compostic Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza