De conformidade coas bases específicas publicadas no BOP da Coruña nº 27, do 10 de febreiro de 2020, corrección de erros no BOP nº 33, do 18 de febreiro de 2020, e BOE nº 50, do 27 de febreiro de 2020, convocouse o concurso específico de méritos, para a provisión dun posto de letrado/a na asesoría xurídica do Concello de Santiago de Compostela.
Por Decreto da concelleira delegada de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local do 23 de setembro de 2020, se nomea a Jaime Tienza Fernández para o posto de letrado na asesoría xurídica do Concello de Santiago de Compostela, pertencente á escala de Administración xeral/especial, subescala técnica e clase técnicos superiores, subgrupo A1, co carácter de funcionario de carreira, que deberá tomar posesión do posto adxudicado de conformidade co establecido na base oitava das específicas da convocatoria e no artigo 48 do Real decreto 364/1995, de 10 de marzo.
O que se publica para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020
O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía do 17.6.2019)
Marta Abal Rodríguez
Concelleira delegada de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración local