Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38721

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación inicial da expropiación urbanística das parcelas afectadas pola primeira fase de ampliación dos equipamentos do Colexio Ramón Otero Pedrayo, vía SX86 (rúa Bos Aires, lugar A Calzada).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 17 de setembro de 2020, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, para os efectos da obtención dos terreos afectados pola primeira fase de ampliación dos equipamentos do Colexio Ramón Otero Pedrayo, segundo o proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O proxecto de expropiación sométese á información pública durante o prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, coas parcelas afectadas pola primeira fase de ampliación dos equipamentos do Colexio Ramón Otero Pedrayo, vía SX86 (r/ Bos Aires, lugar A Calzada), para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 1 de outubro de 2020

José Manuel López Varela
Alcalde