Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38718

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2018/X999/001126).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de xullo de 2020, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións en solo rústico en Xoane, na parroquia de Goiáns, para mellorar a funcionalidade do sistema de dotacións previsto no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), mediante a previsión dun novo equipamento destinado a centro social, próximo aos núcleos rurais de Xoane e Xoane da Estrada, para reunión e realización de actividades da parroquia de Goiáns, aprobado provisionalmente por acordo da Xunta de Goberno Local celebrada o 21 de outubro de 2019, segundo a documentación técnica elaborada polos arquitectos Beatriz Aneiros Filgueira (col. 2137 COAG) e Álvaro Fernández Carballada (col. 1047 COAG) e coas correccións realizadas no documento presentado no rexistro deste concello o 2 de marzo de 2020, núm. 202099900000440.

O documento aprobado definitivamente poderá consultarse na páxina web do concello na seguinte ligazón:

http://carballo.abertal.info/media/documentos/0plan_especial_xoane.pdf

A normativa e as ordenanzas reguladoras deste plan especial publicaranse no Boletín Oficial da provincia e remitirase o documento, debidamente dilixenciado, en formato dixital, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, segundo o disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 212.2 do regulamento da citada lei.

Carballo, 26 de agosto de 2020

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde