Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38666

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2020 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 3 de agosto de 2018 (publicado no BOE do 7 de setembro mediante a Resolución do secretario xeral de Universidades do 29 de agosto de 2018).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4316696.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

12

Optativas

24

Prácticas externas OB

15

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Fundamentos de sistemas aéreos non tripulados

OB

6

1ºc

Módulo común

Operacións de sistemas aéreos non tripulados

OB

6

1ºc

Sistemas de comunicacións e navegación por radio

OP

6

1ºc

Enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados

Sensores embarcados

OP

6

1ºc

Sistemas de control

OP

6

1ºc

Cargas útiles baseadas en sensores pasivos

OP

6

1ºc

Cargas útiles baseadas en sensores activos

OP

6

1ºc

Aplicacións no sector agroforestal

OP

6

1ºc

Aplicacións na xestión dos recursos da terra

Recursos naturais

OP

6

1ºc

Xestión do territorio e urbanismo

OP

6

1ºc

Enxeñaría civil, industrial e arquitectura

OP

6

1ºc

Visión por computador para UASS

OP

6

1ºc

Prácticas externas

OB

15

1ºc

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

OB

9

1ºc

O máster ten dúas especialidades:

– Especialidade en Aplicacións na xestión dos recursos da terra.

– Especialidade en Enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados.

O/a alumno/a ten que elixir obrigatoriamente un dos módulos de especialización e cursar un total de 24 créditos desa especialidade.

Para obter as dúas especialidades ofertadas será necesario cursar as materias correspondentes que definen os dous itinerarios, así como realizar en cada unha delas as prácticas externas e o traballo fin de máster, xa que estes dous contidos sempre están ligados directamente á Enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados ou relacionado con aplicacións que impliquen a súa operación.