Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38682

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2020 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes para a realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para acceso á escala de xestión.

Mediante a Resolución reitoral do 4 de marzo de 2020 (DOG do 17 de marzo e BOE do 2 de xuño) convocáronse probas selectivas para cubrir trece prazas na escala de xestión, subgrupo A2, cinco pola quenda de promoción interna e oito pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 1 de xullo de 2020 (DOG do 9 de xullo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.5 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 30 de novembro de 2020 ás 9.00 horas, na Aula de Formación da Biblioteca Concepción Arenal, Campus Vida (rúa dos Feáns, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase polo tribunal nos locais onde se realizara a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela