Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38648

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 18 de xuño de 2020.

A Orde do 18 de xuño de 2020 regula a convocatoria e a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega (DOG núm. 141, do 16 de xullo).

Logo de ver os informes-proposta formulados pola comisión constituída ao abeiro do artigo 16 da dita convocatoria e polo órgano instrutor que recolle o artigo 14, e en virtude das facultades que me confire a Orde do 21 de marzo de 2019 e a disposición adicional segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro. A concesión de axudas, na contía que se indica, aos proxectos relacionados no anexo. Nesta relación inclúense as propostas que non se subvencionan polos motivos que aparecen baixo a epígrafe correspondente, de acordo cos criterios establecidos na Orde do 18 de xuño de 2020.

Segundo. De conformidade co artigo 4.2.b da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, e co previsto no Decreto 132/2006, de 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a secretaría xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como as sancións impostas aos beneficiarios.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co establecido na Orde do 18 de xuño de 2020, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO

Número de expediente

Entidade

Importe

Motivo da denegación

2020/0001

Concello de Dumbría

-

Artigo 1 da convocatoria

2020/0002

Concello de Ourense

3.778,10 €

2020/0003

Mancomunidade de municipios da Comarca de Ordes

4.254,80 €

2020/0004

Concello de Cambre

1.574,20 €

2020/0005

Concello de Culleredo

2.203,90 €

2020/0006

Vive Nigrán, S.L.

-

Artigo 3 da convocatoria

2020/0007

Concello de Moaña

3.193,40 €

2020/0008

Concello de Redondela

2.713,00 €

2020/0009

Concello de Narón

3.058,40 €

2020/0010

Concello de Muros

2.383,80 €

2020/0011

Concello do Carballiño

3.013,50 €

2020/0012

Concello de Valga

2.833,60 €

2020/0013

Concello de Ponteceso

2.473,70 €

2020/0014

Concello de Melide

2.292,00 €

2020/0015

Concello do Grove

3.778,10 €

2020/0016

Concello de Abegondo

2.698,60 €

2020/0017

Concello de Betanzos

2.923,50 €

2020/0018

Concello de Santa Comba

2.653,60 €

2020/0019

Agrupamento dos concellos da Baña e Negreira

3.830,40 €

2020/0020

Concello de Ponteareas

3.227,60 €

2020/0021

Concello de Arzúa

2.743,60 €

2020/0022

Concello de Oleiros

3.328,00 €

2020/0023

Concello de Vigo

2.788,60 €

2020/0024

Concello de Outes

3.134,00 €

2020/0025

Concello das Pontes de García Rodríguez

1.619,20 €

2020/0026

Concello de Ames

3.508,20 €

2020/0027

Concello da Pobra do Caramiñal

-

Artigo 4 da convocatoria.

Artigo 10.1 do Decreto 11/2009 do Regulamento de subvencións de Galicia

2020/0028

Concello de Boiro

2.653,60 €

2020/0029

Concello de Ribeira

2.788,60 €

2020/0030

Concello de Miño

2.563,70 €

2020/0031

Concello da Coruña

3.193,40 €

2020/0032

Concello de Rianxo

2.572,70 €

2020/0033

Concello de Ferrol

3.643,10 €

2020/0034

Agrupamento dos concellos de Carnota e Mazaricos

2.911,40 €

2020/0035

Concello de Teo

3.227,60 €

2020/0036

Agrupamento dos concellos de Rois e Dodro

3.696,50 €

2020/0037

Concello de Vilalba

2.743,60 €