Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de setembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación dos montes As Cuncheiras, Pegoriña e Bucieira, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Magán, parroquia de Estacas, do concello de Cuntis (Pontevedra).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o 26 de marzo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñais en man común dos seguintes montes:

Concello: Cuntis.

Parroquia: Estacas.

1. Monte Bucieira.

Cabida: 5.076 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36015A01901178.

Estremas:

Norte

Titular

Muro que separa dos predios particulares de Serafín Ferro, Manuel Touceda, Manuela Blanco, José Frecha, Manuel Rey Ferro e outros

Sur

Muro que separa dos predios particulares de Milagros Constenla, Emilio Aboy, María Torres e outros

Leste

Muro que separa dos predios particulares de Eliseo Blanco, José Maquieira e outros

Oeste

Madarrón que separa dos predios particulares de Juan Carlos Tarrío, Manuel Jamardo, Manuel Rey e herdeiros de Preciosa Conde

2. Monte Pegoriña.

Cabida: 10.875 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencias catastrais: 36015A01901200 (6.426 m2) e 36015A01901178 (parte desta parcela).

Estremas:

Norte

Titular

Muro que separa dos predios particulares de Manuel Formoso, Serafín Ferro, Manuel Arca, Enrique Torres, María Josefa Souto, Carmen Iglesias, Herdeiros de Jesús Magán e outros

Sur

Regato que separa do prado de José Torres

Leste

Muro que separa do predio particular dos herdeiros de Juana Bragaña Fuentes

Oeste

Muro que separa dos predios particulares dos herdeiros de Preciosa Conde, herdeiros de Jesús Conde, Jesús Campos e outros

3. Monte As Cuncheiras.

3.1. Cuncheiras norte.

Cabida: 4.710 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencias catastrais: 36015D50305024 de 3.941 m2, e anacos das parcelas 36015D50305090; 36015D50305024, 36015D50305036, 36015D50305040 e 36015D50305041.

Estremas:

Norte

Titular

Madarrón que separa dos predios particulares de José Luis Tarrío, Manuel Gil, Avelina Velay, Moisés Paz, herdeiros de Antonio Fojo, José Ferro, Dolores Fernández, Elsa Trasande, Serafín Ferro, Ana María Velay, José Luis Velay e outros; muro que separa de Moisés Fuentes, Elsa Trasande, herdeiros de Preciosa Fuentes, Dolores Campos, José Torres e Concepción Correa

Sur

Estrada dirección a Gontade

Leste

Muro que separa de Moisés Fuentes

Oeste

Estrada dirección ao Casal

3.2. Cuncheiras sur.

Cabida: 18.079 m2 (superficie alegada na solicitude).

Polígono 503, parcelas catastrais: 5003, 5001, 5069, 5070, 5071, 5072, 5073, e 5089 e anacos das parcelas 5060 e 5066.

Estremas:

Norte

Titular

Estrada con dirección a Gontade

Sueste

Muro que separa dos predios particulares de Amalia Sueiro, herdeiros de Concepción Velay e Manuel Formoso

Oeste

Estrada dirección ao Casal

3.3. Cuncheiras oeste.

Cabida: 14.974 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencias catastrais: 36015A01901388 (2.743 m2), e 36015A01901376 (o resto da superficie).

Estremas:

Norte

Titular

Muro que separa dos predios particulares de Aurora Aboy, Otilia Magán, Serafín Ferro, Jesús Arca e outros

Suroeste

Muro que separa dos predios particulares de Jesús Reboredo, Dina Torres, Camilo Varela e Manuel Ferragáns

Leste

Estrada municipal de Magán ao Casal

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que consideren oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 21 de setembro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra