Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38692

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 95/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 95/2020, seguido por instancia de Alejandro Maneiro Santos, contra Lares y Construcciones y Contratas, S.L., sobre execución de sentenza número 570/2019, con data do 12 de novembro, se ditaron auto despachando execución e decreto de embargo, ambos os dous con data do 10 de setembro de 2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Lares y Construcciones y Contratas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza