Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 75/2020, seguido por instancia de David Manuel Castiñeiras Gónzalez, en representación do menor Anthony contra Douglas Fernando Ferreira Machado, sobre execución de sentenza número 572/2019, se ditaron auto despachando execución e decreto de embargo, ambos os dous con data do 8 de setembro 2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.
E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Douglas Fernando Ferreira Machado, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 8 de setembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza