Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello de Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2020/024-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, en Ourense, o día 23.3.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: reforma LMT DC VLL825/VLL810, TC, apoio D33.

Situación: lugar de San Salvador, concello de Pereiro de Aguiar (Ourense).

Orzamento: 6207,33 €.

Características técnicas: substitución do apoio de celosía D33 da LMT (DC) VLL825/VLL810 por un novo apoio C A-AL 18/2000-E30-CA para a instalación de interruptor-seccionador telecontrolado GPRS, en LMT VLL825, retensando os condutores existentes, do tipo LA-110.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 10 de setembro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense