Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), pola Orde da Consellería de Facenda do 31 de outubro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2)
– Tribunal titular:
Presidencia: Jesús Figueroa Rodríguez, persoal estatutario, facultativo especialista de área de Medicina Física e Rehabilitación.
Secretaría: José María Domínguez Blanco, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
Paola Boga Veiras, persoal estatutario, enfermeira.
Eva Pérez Pampín, persoal estatutario, facultativo especialista de área de Reumatoloxía.
Marta Pico Seijas, persoal estatutario, enfermeira.
– Tribunal suplente:
Presidencia: Felipe García Calvo, persoal estatutario, enfermeiro.
Secretaría: María Dolores Veiga Gondelle, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Vogais:
Rubén Iglesias García, persoal estatutario, fisioterapeuta.
Jorge Fernández Barreiro, persoal estatutario, terapeuta ocupacional.
Regina Martín de Vidales Delgado, persoal estatutario, enfermeira.