Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 1 de outubro de 2020 Páx. 38179

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución ao titular do predio 32076A064004710000UY, ao abeiro da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ao non ser posible a notificación de forma habitual e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa de incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento de Odilo Doniz Sierra o seguinte:

Unha vez visto o expediente 1105/2020 relativo ao incumprimento dos deberes previstos no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A064004710000UY, cunha extensión de 528 m2.

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requíreselle ao propietario, arrendatario ou usufrutuario da parcela coa referencia catastral 32076A064004710000UY, localizada na Laxe, Soutopenedo, para que no prazo de quince (15) días execute os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas; estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 18 de setembro de 2020

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde