Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 1 de outubro de 2020 Páx. 38176

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de convocatoria.

Con data do 24.9.2020, por Decreto de Alcaldía, aprobáronse as bases do procedemento de selección, como funcionario interino, dun posto de orientador/a laboral, ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria mediante solicitude tramitada sobre a orde publicada no DOG núm. 14, o 22 de xaneiro de 2020.

As bases se poderán consultar no taboleiro de anuncios, e mais na sede electrónica con acceso a través da páxina web do concello: http://caniza.sedelectronica.es/board, unha vez publicado o presente anuncio tanto no DOG,como no BOPPO. Os/as aspirantes teñen un prazo de 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación efectuada nos boletíns oficiais anteriormente mencionados para a presentación de solicitudes e demais documentación.

A Cañiza, 24 de setembro de 2020

Luis Antonio Gómez Piña
Alcalde