Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 1 de outubro de 2020 Páx. 38160

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 894/2016).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 894/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Freire Miramontes contra AAR Grupo Gestiona, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: Elena Pereira Bernárdez

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2020

Visto o estado das actuacións, fixado un novo sinalamento do acto de xuízo para o día 2 de novembro de 2020, ás 11.30 horas, na sala 1, planta baixa do edificio na rúa Berlín, acordo citar as partes baixo os apercibimentos e cos requirimentos adquiridos durante a tramitación do procedemento.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción contida nela ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Para que sirva de notificación en legal forma a AAR Grupo Gestiona, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza