Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 1 de outubro de 2020 Páx. 38087

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2020.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación de dous convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de febreiro e marzo do ano 2020 que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2020 que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2020

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de febreiro e marzo de 2020

Convenio

Achega consellería (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Consello Xeral de Economistas de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

14.2.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Española de Asesores Financeiros e Tributarios para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

13.3.2020

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2020

Convenio

Achega consellería (€)

Data da sinatura

Protocolo de adhesión do Concello de Cuntis ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público, para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

11.6.2020

Protocolo de adhesión do Concello de Ordes ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público, para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

15.6.2020

Protocolo de adhesión do Concello de Guitiriz ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público, para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

17.6.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Colexio Oficial de Administradores de Predios de Galicia para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

18.6.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Carballeda de Avia en materia de recadación en vía executiva

Sen achega económica

18.6.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Consello da Avogacía Galega para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

18.6.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Universidade da Coruña en materia de recadación en vía executiva

Sen achega económica

18.6.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Universidade da Santiago de Compostela en materia de recadación en vía executiva

Sen achega económica

18.6.2020

Protocolo de adhesión do Concello de Boimorto ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público, para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

30.6.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Deputación Provincial de Ourense para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público, para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

2.7.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Profesional de Expertos Técnicos Inmobiliarios para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

2.7.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Colexio da Avogacía de Biscaia para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

6.7.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación de Empresarios de Transporte de Mercadorías e Escavacións de Pontevedra para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

6.7.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas da Coruña e de Pontevedra para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

6.7.2020

Protocolo de adhesión do Concello de Ares ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público, para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

13.7.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia

2.392.425

31.7.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, o Igape e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2020

7.500

5.8.2020

Protocolo de adhesión do Concello de Marín ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público, para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

7.8.2020