Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37995

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2020.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2020 por esta Fundación.

Data sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

10.7.2020

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Bancaria Caixa D’estalvis i Pensions de Barcelona, «La Caixa», para a instalación da exposición «Cinema e Emocións. Unha viaxe á infancia», na sala da terceira planta do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

18.8.2020

0,00 €

Convenio de colaboración entre la Fundació Privada Banc Sabadell e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia con motivo do X Encontro de Artistas Novos.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2020

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente