Unha vez presentada a renuncia da vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por María Eugenia de Pascual Grasa como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia
Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Susana Touza Figueiras, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública