Mediante a Resolución do 22 de maio de 2020 (DOG núm. 108, do 4 de xuño), aprobáronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na comunidade autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
De conformidade co establecido no artigo 7 da devandita resolución, o prazo para a presentación de solicitudes remata o día 30 de setembro de 2020.
Próximo a rematar o prazo de presentación de solicitudes, e á vista das solicitudes presentadas, considérase oportuno ampliar o prazo de presentación de solicitudes.
RESOLVO:
Artigo 1. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes
Ampliar ata o 30 de outubro de 2020, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 7 da Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na comunidade autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración