Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Broño-A Pena-Landeira II (Negreira-A Coruña), para seren notificados por comparecencia de trámites de audiencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Broño-A Pena-Landeira II (Parada-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de trámites de audiencia relativos a unha proposta de modificación do acordo de concentración da dita zona que os afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente, poderán solicitar cita previa nas dependencias deste servizo chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 18 de setembro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

Alfonso Almozara Suárez

Trámite de audiencia

Broño-A Pena-Landeira II (Negreira-A Coruña)

Bautista Almozara Suárez

Trámite de audiencia

Broño-A Pena-Landeira II (Negreira-A Coruña)