Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un trámite de audiencia en relación coa zona de concentración parcelaria da Braña (Baleira-Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselle ao interesado, por medio de este anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19 a comparecencia solicitarase a través do teléfono 982 29 44 93.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase efectuada desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 15 de setembro de 2020

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de propietario

Interesado

Acto que se notifica

56

Monte Abertal de Serra da Braña e Montouto

Trámite de audiencia