Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37700

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de protección e acondicionamento do río San Pedro PE-2R (expediente FG 633).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 30 de xullo de 2020, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de protección e acondicionamento do río de San Pedro PE-2R (documento nº 2020007690 do 23.6.2020).

O plan especial é unha disposición xeral, polo que contra el se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 24 agosto de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente