Unha vez presentada a renuncia da vogal titular, do secretario suplente e do vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Mercedes Patricia Toubes Navarro como vogal titular, Fernando González Abeijón como secretario suplente e Alejando Bregua Cousillas como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Segundo. Nomear no seu lugar, como vogal titular do devandito tribunal, a Alejandro Bregua Cousillas, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectoras e inspectores de consumo; como secretario suplente, a Pablo Leis Mol, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e, como vogal suplente, a Iria María Alfonsín Coejo, persoal funcionario do corpo facultativo superior , subgrupo A1, escala de inspección urbanística.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública