Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga autorización ambiental integrada a Alumisel, S.A.U. para o proxecto de ampliación da planta de tratamento de residuos férricos e non férricos, baterías usadas, vehículos fóra de uso e similares, no concello do Porriño (Pontevedra) (expediente 2017-IPPC-I-89).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: ampliación de planta de tratamento de residuos férricos e non férricos, baterías usadas, vehículos fóra de uso e similares

Autorización ambiental integrada

Titular: Alumisel, S.A.U.

Expediente: 2017-IPPC-I-89

Localización: O Porriño (Pontevedra)

Núm. rexistro AAI: 2017-IPPC-I-89-336

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático