Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37617

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2020 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: «Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia, as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2020, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.723C.780.2 para o financiamento de proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, cofinanciadas nun 75 % polo FEMP.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2020

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Aplicación 15.03.723C.780.2

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Econoia

Confraría de pescadores de Noia

204.260,33

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Limpeza de zonas de marisqueo a pé de Cedeira afectadas pola acumulación de lixo

Confraría de pescadores de Cedeira

22.181,15

Lixeando

Confraría de pescadores de Arcade

2.329,19

Rías Sostibles

GALP Seo Fisterra, Ría Muros-Noia. Costa Sostible

17.557,10

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega)

17.787,00

Importe total

35.344,10

Campaña de sensibilización sobre a presenza de lixo no litoral de Vilanova

Confraría de pescadores de Vilanova

4.852,50

Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de pescadores de Vigo

Confraría de pescadores de Vigo

6.539,66