Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37611

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 2 de setembro), convocatoria 2019.

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: «Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2019, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.723C.780.1 para o financiamento de proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 85 % polo FEMP.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Aplicación 15.03.723C.780.1

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Mar das Illas Atlánticas: apoio ao desenvolvemento de iniciativas turísticas desde o sector pesqueiro.

GALP Ría de Pontevedra (representante)

21.515,00 €

GALP Ría de Arousa

6.200,00 €

GALP Ría de Vigo-A Guarda

13.600,00 €

Importe total

41.315,00 €

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Proposta formativa para a capacitación de mozos e mozas en busca da remuda xeracional no sector pesqueiro

GALP Ría de Arousa (representante)

13.231,36 €

GALP A Mariña Ortegal

13.231,36 €

GALP Golfo Ártabro Norte

13.231,36 €

GALP Seo Fisterra, Ría Muros-Noia. Costa Sostible

13.231,36 €

GALP Golfo Ártabro Sur

13.231,36 €

Importe total

66.156,80 €

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Emprego inclusivo na zona costeira galega

GALP A Mariña Ortegal (representante)

12.958,74 €

GALP Golfo Ártabro Norte

12.958,77 €

GALP Costa da Morte

12.958,77 €

GALP Seo Fisterra, Ría Muros-Noia. Costa Sostible

12.958,77 €

GALP Ría de Arousa

12.958,77 €

GALP Golfo Ártabro Sur

12.958,77 €

Importe total

77.752,59 €