Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37447

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2020

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e Adega para o desenvolvemento das actividades e actuacións planificadas para o ano 2020 no marco do Proxecto Ríos.

50.000,00 €

19.5.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para o exercicio das competencias de acondicionamento, mantemento e conservación do contorno do río Mero.

A asunción por parte de Augas de Galicia das obrigas que, tras a recepción das obras, lle corresponden á Consellería de Medio Ambiente segundo a cláusula oitava do convenio para a execución do Proxecto de acondicionamento hidráulico do río Mero entre a presa de Cecebre e a súa desembocadura (A Coruña), asinado o 27 de novembro de 2002.

Sen custo económico.

19.5.2020

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Boqueixón para a execución da actuación de Mellora e optimización do funcionamento do sistema de saneamento das parroquias de Lestedo e Sergude e de nova rede de saneamento noutras parroquias. Concello de Boqueixón (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o importe do convenio, modificar o réxime de financiamento, as obrigas de carácter económico e ampliar a vixencia do convenio

Supón un incremento respecto ao convenio inicial de 900.000,00 €.

17.6.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, FCC Aqualia, Emafesa, Espina y Delfín, Gestagua e Viaqua para a realización conxunta do proxecto de I+D+i Alertacovid-USC/AdG.

Establecer a colaboración científico-técnica entre Augas de Galicia, a USC, FCC Aqualia, Emafesa, Espina y Delfín, Gestagua e Viaqua, na realización conxunta do proxecto de I+D+i AlertaCovid-USC/AdG, consistente nas investigacións necesarias para estudar o papel das estacións depuradoras de augas residuais como barreiras para a transmisión do SARS-CoV-2 e, en particular, a posible presenza de material xenético procedente do virus nas diversas correntes das depuradoras.

48.000,00 €

29.6.2020

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Fundación de Enxeñería Civil de Galicia para continuar na mellora do sistema de alerta temperá de risco de inundación na demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

Establecer as condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e a Fundación de Enxeñería Civil de Galicia para continuar a mellora do sistema de alerta temperá de risco de inundación na demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

185.000,00 €

7.7.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro para a redacción do proxecto que sirva de base para executar actuacións que contribúan a minimizar o risco asociado á área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) do río Fontecova, situado en Viveiro.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro que permitan realizar un proxecto construtivo que sirva de base para executar actuacións que contribúan a minimizar o risco asociado á área de risco potencial significativo de inundación do río Fontecova, concello de Viveiro.

69.000,00 €

8.7.2020

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Noia para a execución da actuación Mellora do sistema de abastecemento de Noia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

9.7.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cambre para o acondicionamento, mantemento e conservación do contorno do río Mero ao seu paso polo concello de Cambre.

Establecer as condicións da colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cambre, respecto dos traballos de acondicionamento, mantemento e conservación no contorno do río Mero ao seu paso polo concello de Cambre.

160.000,00 €

16.7.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vilarmaior para solventar problemas de abastecemento no concello de Vilarmaior.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Vilarmaior que permitan acometer polo concello e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para solventar problemas de abastecemento no concello de Vilarmaior, a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

32.409,85 €

20.7.2020

Convenio de colaboración entre o Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC), a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Universidade de Vigo, Geseco Aguas, S.A. e S.A. de obras e servizos Copasa para a realización conxunta do proxecto de I+D+i Detección de SARS-CoV-2 en estacións depuradoras de augas residuais e dominio público hidráulico a través de bioindicadores mariños.

Establecer a colaboración científico-técnica entre o CSIC, a través do Instituto de Investigacións Mariñas, a Xunta de Galicia, a tráves da Consellería de Sanidade, a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Universidade de Vigo, a mercantil Geseco Augas, S.A. e a mercantil S.A. de obras e servizos Copasa, na realización conxunta do proxecto de I+D+i Detección de SARS-CoV-2 en redes de saneamento, en estacións depuradoras de augas residuais e no dominio público hidráulico a través de bioindicadores mariños.

69.415,58 €

21.7.2020

Addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello do Pino para a mellora do saneamento e da depuración no concello do Pino. Fase I. Concello do Pino (A Coruña).

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

30.7.2020