Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37269

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 163/2020, do 24 de setembro, polo que se nomea director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a Jacobo Hortas García.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e nos artigos 15.f) e 17 do Decreto 213/2007, polo que se aproban os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de setembro de dous mil vinte,

Nomeo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a Jacobo Hortas García.

Santiago de Compostela, vinte e catro de setembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda