Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 24 de setembro de 2020 Páx. 37211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do parque eólico Paxareiras II, no concello de Dumbría (expediente 2019/0018).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 7 de setembro de 2020 do proxecto de liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do parque eólico Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) promovido por AV Paxareiras, S.L.U.

Este informe poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n), e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático