Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 24 de setembro de 2020 Páx. 37230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Resolución do 16 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se dá publicidade á toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Santo Estevo de Pol (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que figuran no anexo, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución ditada no expediente do acordo da zona de concentración parcelaria de Santo Estevo de Pol (Pol-Lugo), por ser devolta polo servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución administrativa citada e constancia de tal coñecemento.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do teléfono 982 29 44 93.

Expediente: resolución.

Acto notificado: Resolución do 16 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se dá publicidade á toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Santo Estevo de Pol (Pol-Lugo).

Lugo, 17 de setembro de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

DNI

27

33752230Y

33

33656393X

53

33804894T

54

03806846R

55

76528835S

70

33854040H

72

33657163K

77

33581503P

82

33327768D

85

33806029P