Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa e se modifica a autorización ambiental integrada outorgada a Showa Denko Carbon Spain, S.A. para a súa planta de grafito para eléctrodos situada no concello da Coruña (expediente 2018-IPPC-M-29 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 10.2 e 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: fábrica de eléctrodos de grafito

Revisión e modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Showa Denko Carbon Spain, S.A.

Número de rexistro AAI: 2007/0007_NAA/IPPC_145

Localización: concello da Coruña (A Coruña)

Expedientes: 2018-IPPC-M-29 e 2020-IPPC-M-24

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático