Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 22 de setembro de 2020 Páx. 36964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 47/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 47/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Crespo Valladares contra Bobocado Restauración, S.L., Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución coa parte dispositiva seguinte:

«Auto:

Maxistrada-Xuíza, Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2020.

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a José Manuel Crespo Valladares con Bobocado Restauración S.L. e condeno a Bobocado Restauración, S.L. a aboarlle a José Manuel Crespo Valladares a suma de 2.876,33 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 16.124,60 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bobocado Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza