Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 21 de setembro de 2020 Páx. 36858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-PO-0103/2019-ACU e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-PO-0103/2019-ACU e dous máis.

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no BOE, de conformidade co disposto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 8 de setembro de 2020

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0103/2019-ACU

78733088V

Resolución recurso de alzada

Camiño da Espiñeira, 36, Aldán, Cangas

PSC-PO-0195/2019-PRE

35417171T

Resolución recurso de alzada

Xalda, 3, 2º, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0261/2019-PPM

35417171T

Resolución recurso de alzada

Xalda, 3, 2º, Vilagarcía de Arousa