Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 21 de setembro de 2020 Páx. 36840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 26 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente 2017/152/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, notifícaselle o acto administrativo á persoa interesada e que se indica no anexo, ditado no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte ao da notificación do dito acto administrativo terá dez (10) días para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que considere procedente.

Lugo, 26 de agosto de 2020

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2017/152/27.

DNI: 34311224P.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do día 2 de xullo de 2020.