Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 21 de setembro de 2020 Páx. 36831

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto vacante de persoal de xestión e servizos.

Mediante a Resolución do 19 de febreiro de 2020 (DOG núm. 41, do 2 de marzo), convocouse para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de xefatura de grupo de xestión de axendas de atención primaria.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos alegados polo aspirante, que constan nas actas da devandita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2016 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar o posto de traballo convocado ao aspirante que obtivo a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeña, dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince (15) días, se son de distinta área de saúde, ou dun (1) mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da Área Sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O profesional nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro (4) anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado. A omisión da avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 7 de setembro de 2020

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: xefa de grupo de xestión de axendas de atención primaria.

Nome e apelidos: María Elisa Rodríguez Iglesias.

DNI (*): ***3881**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.