Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36515

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Política Social

DECRETO 135/2020, do 17 de setembro, polo que se dispón que cese María Amparo González Méndez como directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Política Social e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de setembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Que cese María Amparo González Méndez como directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezasete de setembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social