Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente-e IN407A 2020/60-1).

Expediente-e: IN407A 2020/60-1.

Promotora: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación da instalación: repotenciación da LAMT ao CT Mourelle, LAMT ao CT Tarroal e reforma dos CT de Mourelle, Montouto e Tarroal, nos lugares de Mourelle, Montouto, A Illa e Tarroal.

Concello: Santa Comba.

Feitos:

1. O 20 de marzo do 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade; o Concello de Santa Comba e Telefónica de España, S.A. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido por Telefónica. A día de hoxe, non consta no expediente resposta dos organismos afectados, isto é, Augas e o concello, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Repotenciación da LMT ao CT Mourelle (expediente 27.949) de media tensión a 20 kV mediante a instalación de condutor forrado CCX 47-AL1/8-ST1A 20 kV, coa orixe no apoio número 21 tipo HVH 3.500/15 da LMT Santa Catalina-Portocarreiro (expediente 27.949) e remate nun novo apoio HVH 2000/15 (substituíndo ao actual pórtico) onde se instala o CT Mourelle, cunha lonxitude de 584 metros.

– Centro de transformación intemperie Mourelle con transformador tipo 100/24B2-YZn11 cunha potencia de 100 kVA, con dieléctrico a base de aceite biodegradable, elemento de protección e corte ISODIS, cadro de baixa tensión con 4 saídas BTVC e armario de telemedida.

– Substitución do actual pórtico apoio número 28 por un apoio HVH 1600/15 do centro de transformación intemperie Montouto (expediente 27.949) e instalación dun transformador tipo 100/24B2-YZn11 cunha potencia de 100 kVA, con dieléctrico a base de aceite biodegradable, elemento de protección e corte ISODIS, cadro de baixa tensión con 4 saídas BTVC e armario de telemedida.

– Repotenciación da LMT ao CT Tarroal (expediente IN407A 2004/418) de media tensión 20 kV instalando condutor forrado CCX 47-AL1/8-ST1A 20 kV, coa orixe no apoio número 47 tipo HV 1.600R15 da LMT Santa Catalina-Portocarreiro (expediente 27.949) e remate no apoio número 8 existente HV-1000R15 onde se instala o CT Tarroal, cunha lonxitude de 771 metros. Ao CT Tarroal se lle muda o aceite mineral por un novo dieléctrico a base de aceite biodegradable (líquido K).

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 25 de agosto do 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña