Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36560

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2020

Guillermo Evia Pérez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre as partes para desenvolver as actividades e actuacións planificadas para o ano 2020 no marco do Proxecto Ríos, programa de voluntariado e educación para a sustentabilidade que pretende dar resposta á problemática da contaminación e deterioro dos ecosistemas fluviais.

Sen achega económica

19.5.2020

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Juana de Vega para a elaboración dunha guía de boas prácticas para a identificación e acondicionamento de miradoiros.

Elaborar unha guía de boas prácticas para identificar e acondicionar miradoiros na cal queden reflectidos uns criterios básicos de aplicación na creación de novos miradoiros, así como boas prácticas e criterios para a integración paisaxística dos miradoiros, ben sexan novos ou ben para actuacións de mellora dos existentes.

As intervencións obxecto deste convenio están incluídas dentro da nova planificación da Estratexia da Paisaxe Galega 2017-2020.

25.000€

26.6.2020

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias e os concellos de Ames, Betanzos, Fene e Teo para o tratamento das imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas obtidas no ano 2019.

Regular o réxime de colaboración entre os asinantes para acadar o tratamento das imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas obtidas, ao abeiro das actuacións previstas no desenvolvemento do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA 10) para Galicia (2ª fase), no ano 2019 en execución dun convenio previo entre as mesmas partes.

30.089,21 €

8.7.2020

Acordo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Consellería do Medio Rural para a colaboración na realización de traballos relacionados coas redes secundarias de faixas de xestión da biomasa para a prevención de incendios forestais.

Establecer o marco de actuación e colaboración entre os asinantes coa finalidade de apoiar as actuacións de delimitación das redes de faixas de xestión da biomasa para a prevención de incendios forestais, especialmente as tendentes a dotar os concellos cos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais regulados no artigo 16 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia.

Sen achega económica

28.8.2020