Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36512

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Sanidade

DECRETO 132/2020, do 17 de setembro, polo que se dispón que cese Andrés Paz Ares Rodríguez como director xeral de Saúde Pública.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de setembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Andrés Paz Ares Rodríguez como director xeral de Saúde Pública, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezasete de setembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade