Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 17 de setembro de 2020 Páx. 36451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 3 de febreiro de 2020, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro da resolución que se notifica.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada polo COVID-19 para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural.

Ourense, 3 de setembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

34402521H

Resolución

Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense)