Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 17 de setembro de 2020 Páx. 36457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña) para seren notificados por comparecencia de modificacións do acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de varias resolucións que modifican o acordo da devandita concentración e que os afectan.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de setembro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración

76295833A

Resolución

Parada II (Ordes-A Coruña)

32191509L

Resolución

Parada II (Ordes-A Coruña)

76312361V

Resolución

Parada II (Ordes-A Coruña)

76329702Q

Resolución

Parada II (Ordes-A Coruña)

Antonio Varela Ríos

Resolución

Parada II (Ordes-A Coruña)

Carlos Varela Ríos

Resolución

Parada II (Ordes-A Coruña)