Unha vez convocado o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Corpo auxiliar da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2
Tribunal titular:
Presidencia:
– Rubén Plaza Martínez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Secretaría:
– María del Rosario Ureña Lara, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
Vogais:
– Marcos Fernández Arias, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica auxiliar de informática, subgrupo C1.
– José Luis Montero Senra, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de inspección urbanística da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– María del Pilar Sanjurjo González, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– Xosé Ignacio Palomanes Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Secretaría:
– María Elena Prado Veiga, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Vogais:
– Luisa Fernanda Piñeiro Sanz, persoal funcionario de grado medio da Administración xeral do Estado, subgrupo A2.
– Jaime Barros Leboreiro, persoal funcionario do corpo superior, escala de sistemas e tecnoloxía da información da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– María Luisa Tome del Río, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.