Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36150

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de agosto de 2020 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2020 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do brote do COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) (código de procedemento PE401I).

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 162, do 13 de agosto, cómpre realizar as seguintes correccións:

No artigo 12.1, onde di:

«1. Os órganos responsables da tramitación das solicitudes nas xefaturas territoriais da Consellería do Mar comprobarán que estas reúnen todos os requisitos recollidos nesta orde. No caso contrario, poráselles de manifesto por escrito aos interesados para que nun prazo de dez (10) días hábiles remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para poder resolver o expediente, coa indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desistiron da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas polo órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 9.3, resulta que o solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e sociais ou das débedas coa Comunidade Autónoma.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os citados requirimentos de emenda realizaranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Así mesmo, tamén se publicarán na páxina web da Consellería do Mar».

Debe dicir:

«1. Os órganos responsables da tramitación das solicitudes nas xefaturas territoriais da Consellería do Mar comprobarán que estas reúnen todos os requisitos recollidos nesta orde. No caso contrario, poráselles de manifesto por escrito aos interesados para que nun prazo de dez (10) días hábiles remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para poder resolver o expediente, coa indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desistiron da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas polo órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 9.3, resulta que o solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e sociais ou das débedas coa Comunidade Autónoma».

No artigo 15.4, onde di:

«4. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación».

Debe dicir:

«4. As resolucións destas subvencións serán obxecto de notificación de conformidade co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

No artigo 15.5, onde di:

«5. A resolución emitirase e publicarase no prazo máximo de catro (4) meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que os interesados poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo».

Debe dicir:

«5. A resolución emitirase e notificarase no prazo máximo de catro (4) meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que os interesados poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo».

No artigo 15.6, onde di:

«6. As notificacións de resolucións e actos administrativos distintos dos previstos no número 5 deste artigo e no artigo 12.1 desta orde practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e deberanse formalizar os seguintes trámites:»

Debe dicir:

«6. As notificacións de resolucións e actos administrativos desta orde practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, e deberanse formalizar os seguintes trámites:»

No artigo 16.1, onde di:

«1. No prazo de dez (10) días desde a publicación da resolución as persoas interesadas deberán comunicar a aceptación ou rexeitamento da axuda nas condicións expresadas nela. De non facelo, entenderase tacitamente aceptada».

Debe dicir:

«1. No prazo de dez (10) días desde a notificación da resolución as persoas interesadas deberán comunicar a aceptación ou rexeitamento da axuda nas condicións expresadas nela. De non facelo, entenderase tacitamente aceptada».

O artigo 19.1 queda redactado como segue:

«1. As persoas beneficiarias deberán presentar, no prazo máximo que se indique na

resolución de concesión e, en todo caso, ata o 31.12.2020, no lugar e forma sinalados no artigo 9.1 desta orde, a declaración complementaria relativa á obtención doutras subvencións, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas e compromiso do requisito de admisibilidade».

No artigo 22, onde di:

«Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os requirimentos de emendas das solicitudes e as resolucións de desistencia, non admisión, de outorgamento e inclusión na listaxe de reserva, e de denegación das axudas.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Mar, https://mar.xunta.gal/».

Debe dicir:

«Serán obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Mar, https://mar.xunta.gal/, as indicacións sucintas do contido dos requirimentos de emendas das solicitudes e as resolucións de desistencia, non admisión, de outorgamento e inclusión na listaxe de reserva, así como de denegación das axudas».

Esta corrección non supón modificación do prazo de presentación de solicitudes.