Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36156

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 8 de setembro de 2020 pola que se amplía o crédito para o procedemento PE120B da Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2020 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C, PE120E e PE120F).

BDNS (identif:): 487541.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total do crédito para o financiamento das axudas previstas na Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2020 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C, PE120E e PE120F), concretamente para o procedemento PE120B nunha contía de 93.739,20 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.723A.770.6, código de proxecto 2016 00279, polo que queda un importe total da convocatoria de 2020 de 316.145,21 € neste proxecto.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2020

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar