Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36131

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 24 de agosto de 2020 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30, atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento, por petición propia, de Corina Porro Martínez como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2020

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar