Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 15 de setembro de 2020 Páx. 36120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e consonte o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado queda supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poden consultar o contido íntegro do acto que se notifica e o correspondente expediente no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e a comparecencia realizarase nas dependencias municipais, situadas na praza do Seixo, 1, 36740, Tomiño, en horario de atención ao público.

Nº de expediente

Referencia catastral

72/2020

36054A066011340000EA

73/2020

36054A066011350000EB

940/2020

36054A020060030001RG

468/2020

36054A059003890000EG

828/2020

36054A053000560001RB

Tomiño, 30 de xullo de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 13.9.2019)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente