Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 15 de setembro de 2020 Páx. 36074

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2020 pola que se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 26 de xuño de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras do II Premio empregados/as públicos/as innovadores/as e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN822D).

A Resolución do 26 de xuño de 2020 (DOG núm. 140, do 15 de xullo), pola que se establecen as bases reguladoras do II Premio empregados/as públicos/as innovadores/as e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN822D), sinalaba, no seu artigo 19, que o prazo de presentación fose de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entendíase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación, o que correspondería co 15 de setembro.

Nos últimos meses asistimos a unha situación excepcional pola COVID-19, ademais de que o prazo de presentación de solicitudes coincide co desfrute, por parte do persoal ao servizo da Administración, das vacacións regulamentarias no período ordinario (meses de xuño a setembro de 2020).

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Modificar o artigo 19 da Resolución do 26 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do II Premio empregados/as públicos/as innovadores/as, de maneira que a data límite de presentación de solicitudes se amplía ata o 1 de outubro de 2020.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación