Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición RRM-DXEM-8/2015.

O 28 de febreiro de 2020 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG núm. 131, do 12 de xullo), ditou resolución do recurso de reposición interposto por Granitos Aldán, S.A.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación da resolución do recurso de reposición, notifícase a Colectivo Nacionalista de Marín, como parte interesada, a resolución antes referida.

O interesado poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; todo iso, de acordo co establecido no artigo 10.1, letra a), da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Conforme o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020

O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria
P.S. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro; DOG núm.18, do 25.1.2018)
Lourdes Ledo Moure
Subdirectora xeral de Coordinación Administrativa