Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35936

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos dentro do segundo cuadrimestre do ano 2020.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios dentro do segundo cuadrimestre do ano 2020, que se incorporan como anexo a esta resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2020

María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

Descrición

Importe

(euros)

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a elaboración dun proxecto sobre a situación da televisión dixital terrestre logo da implantación do segundo dividendo dixital na Comunidade Autónoma

34.558,31